Tuesday 14 de May de 2024

Camariñas inicia o proceso de contratación de tres técnicos para aOficina de Turismo


Dous deles serán a tempo parcial e un a tempo completo.
O Concello de Camariñas publicou hoxe no BOP os procesos para contratar tres técnicos para a Oficina de Turismo municipal. Contrataranse dous deles a tempo parcial e outro a tempo completo e o prazo para participar no proceso estará aberto desde mañá, venres 3 de xullo, ata o 16 do mesmo mes.
Os técnicos encargaranse da apertura do punto de Información Turística en xullo, agosto e setembro de 10:30 a 14 horas e de 16:30 a 20 horas todos os días, fins de semana e festivos incluídos. Atenderán aos visitantes, aportando información e apoio no seu viaxe e estadías. Moi especialmente apoio na organización de visitas de colectivos. Darán información local e sobre o xeodestino da Costa da Morte e a provincia da Coruña e sobre calquera outra información turística que solicite o visitante.
As solicitudes presentaranse dirixidas á Alcaldía, no Rexistro Xeral das oficina municipais en horario de oficina ou no Rexistro telemático.